O futuro da nosa alimentación está en xogo!

A reforma da Política Agrícola Común (PAC) está en marcha. As Institucións europeas que deciden, apoian un sistema alimentario insustentable baseado en alimentos de baixa calidade a prezos competitivos.

Cambiar a PAC é clave para alcanzar a Soberanía Alimentaria, unha opción que pon por diante do beneficio á xente, ao medio ambiente e a biodiversidade. Unha opción que aposta pola solidariedade e a cooperación fronte á competitividade.

Ti tamén podes participar neste proceso de transformación.
Visita: nyelenieurope.net/foodsovcap/

Novos retos na Industria Agroalimentaria

Reenviamos información do interesante curso que vai levar a cabo o CDR Portas Abertas e socios e colaboradores de O Grelo Verde.

Comeza o curso maña: 18 outubro ás 18:00 h no polígono de Pazos (onde Biocoop) con Jerónimo Aguado Martínez “Jeromo” (Presidente da Plataforma Rural e impulsor do Municipio ecolóxico de Amayuelas de Abaixo).
Mais info 988 417232.

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas” queremos difundir o Curso “Novos retos na Industria Agroalimentaria”, cun contido que pode interesar a tódolos públicos e nos fará reflexionar e debatir sobre o futuro agroalimentario.

Continue reading Novos retos na Industria Agroalimentaria

Alemaña clausura máis de 4.700 granxas polos pensos contaminados

Alemaña clausurou máis de 4.700 granxas de aves e porcos por alimentar aos seus animais con pensos contaminados con dioxinas, segundo informou o Ministerior federal de Agricultura. A maioría son granxas porcinas, ás que se prohibiu sacrificar aos seus animais e comercializar a súa carne ata que se certifique que o seu consumo resulta absolutamente inocuo. A gran maioría das granxas, 4.468 do total, atópanse situadas no norteño estado federado da Baixa Sajonia, que adquiriron pensos contaminados orixinalmente polo fabricante Harles & Jentsch, que utilizara aceites industriais non destinados ao consumo animal ou humano.

Video en rtve.es

Sábado 15 Xaneiro. Estrea ZEITGEIST MOVING FORWARD

zeitgeist

Como quizais xa saibas, o terceiro documental de Zeitgeist, Moving Forward, dirixida por Peter Joseph, estréase a partir deste sábado 15 de Xaneiro en máis de 300 salas do planeta (incluído un campo de refuxiados en Palestina).

En España (listaxe abaixo) proxectarase gratuitamente en 6 cidades.

TRAILER subtitulado

SINOPSE:

O documental presentará un caso para unha transición necesaria fora do actual paradigma socioeconómico monetario que goberna á sociedade do mundo enteiro. Este tema de discusión transcenderá as cuestións do relativismo cultural e ideoloxía tradicional e inducirá a relacionar o núcleo, os atributos empíricos “vida do chan” da supervivencia humana e social, extrapolando esas inmutabeis leis naturais dentro dunha paradigma novo sustentable chamado “Economía Baseada en Recursos“.

{youtubejw}5RZl2QH-IBE{/youtubejw}

Nesta película aparecerán expertos nos campos da saúde pública, a antropoloxía, a neurobiología, a economía, a enerxía, a tecnoloxía, as ciencias sociais e outras áreas relevantes as cales están relacionadas coa operación social e a cultura. Os tres temas centrais do traballo son a Conduta Humana, a Economía Monetaria e a Ciencia Aplicada. Reunir o traballo crea un modelo de entendemento da actual paradigma social, do cal é fundamental saír, xunto a un novo e radical e aínda práctico enfoque social baseado nun entendemento avanzado, o que resolvería as actuais aflicións sociais facendo fronte ao mundo hoxe en día.

Un dos atributos únicos deste traballo, o cal se diferencia en estilo da maioría dos documentais, é que ten un tema dramático e cinematográfico paralelamente, con actores notables, que de maneira abstracta interpretan varios xestos relacionados coa mensaxe xeral da película. O traballo tamén emprega estritamente numerosas animacións e abstraccións visuais en 2D e 3D, regresando á orientación tradicional e estandar do documental como base. Continue reading Sábado 15 Xaneiro. Estrea ZEITGEIST MOVING FORWARD

Obsolencia programada: “Comprar, tirar, comprar”

{youtubejw}QosF0b0i2f0{/youtubejw}

Baterías que morren’ aos 18 meses de ser estreadas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións, lámpadas que se funden as mil horas… Por que, a pesar dos avances tecnolóxicos, os produtos de consumo duran cada vez menos?

Rodado en Catalunya, Francia, Alemaña, Estados Unidos e Ghana, Comprar, tirar, comprar, fai un percorrido pola historia dunha práctica empresarial que consiste na redución deliberada da vida dun produto para incrementar o seu consumo porque, como xa publicaba en 1928 unha influente revista de publicidade norteamericana, “un artigo que non se desgasta é unha traxedia para os negocios”.

comprar-tirar-comprarO documental, dirixido por Cosima Dannoritzer e coproducido por Televisión Española, é o resultado de tres anos de investigación, fai uso de imaxes de arquivo pouco coñecidas; achega probas documentais e mostra as desastrosas consecuencias ambientais que se derivan desta práctica. Tamén presenta diversos exemplos do espírito de resistencia que está a crecer entre os consumidores e recolle a análise e a opinión de economistas, deseñadores e intelectuais que propoñen vías alternativas para salvar economía e medio ambiente.

Continue reading Obsolencia programada: “Comprar, tirar, comprar”