Novos retos na Industria Agroalimentaria

Reenviamos información do interesante curso que vai levar a cabo o CDR Portas Abertas e socios e colaboradores de O Grelo Verde.

Comeza o curso maña: 18 outubro ás 18:00 h no polígono de Pazos (onde Biocoop) con Jerónimo Aguado Martínez “Jeromo” (Presidente da Plataforma Rural e impulsor do Municipio ecolóxico de Amayuelas de Abaixo).
Mais info 988 417232.

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas” queremos difundir o Curso “Novos retos na Industria Agroalimentaria”, cun contido que pode interesar a tódolos públicos e nos fará reflexionar e debatir sobre o futuro agroalimentario.

Continue reading Novos retos na Industria Agroalimentaria

Comedores colectivos locais e ecolóxicos

Amigos de la Tierra e COAG organizan os días 22 e 23 de outubro en Amayuelas de Abaixo unhas xornadas de traballo e intercambio de experiencias ao redor da introdución de produtos locais e ecolóxicos en comedores colectivos.

Con esta iniciativa, ademais de mellorar a dieta das persoas, proporciónanse novas canles de comercialización aos produtores locais, construíndo soberanía alimentaria. En xuño de 2010 celebrouse en Azkoitia (Bizkaia) un primeiro encontro no que se abordaron as dificultades e retos atopados tanto desde o punto de vista dos produtores como dos usuarios dos comedores. O obxectivo destas xornadas é compartir os avances que desde entón tiveron lugar e coñecer e apoiar novas iniciativas.

Continue reading Comedores colectivos locais e ecolóxicos

Feira Terra Sa, em Porto

CartazTerraSa2011_180A Feira Nacional de Agricultura Biológica, terá lugar no Palácio de Cristal / Pavilhão Rosa Mota e pretende dar a conhecer o único modo de produção sustentável de ”alimentos saudáveis, nutritivos e suficientes para satisfazer as necessidades da população portuguesa”.

A edição de 2011 da Terra Sã, Feira Nacional da Agricultura Biológica, começa já na próxima sexta-feira, 7 de outubro.

O evento, organizado pela Agrobio, terá lugar no Palácio de Cristal / Pavilhão Rosa Mota (Porto) e decorrerá até domingo, dia 9.

Continue reading Feira Terra Sa, em Porto