O Ultimato Evolutivo

{youtubejw}c5SEHz3Y6q8{/youtubejw}

O Ultimato Evolutivo é unha curtametraxe realizada pola ONGD SETEM Comunitat Valenciana e o director gañador de dous Goyas, Pablo Llorens.

Este curta forma parte dun proxecto de sensibilización co que SETEM pretende concienciar sobre as causas e consecuencias do consumo irresponsable e achegarnos a alternativas positivas e ao noso alcance.

V Xornadas de Agroecoloxía de Ourense

Do 17 de febreiro ao 4 de marzo de 2011

agrourense-2010As V Xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.

A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Sem Um Cam e Verdegaia presentan, durante case que 20 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2010 e comezos de 2011 para que sexa cada vez máis visible, para que cada vez teñan máis voz, todos aqueles proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.

Consulta o programa en: agrourense.info

IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense

agrourense-2010As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.

A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexa cada vez máis visible, para que cada vez teñan máis voz, todos aqueles proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.

Continue reading IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense