Marmelada de amora do Rexo

MARMELADA DE AMORAS

  • 1,5 KG DE AMORAS (as amoras non poden ser todas moi maduras, hai que engadirlle alguñas casi vermellas para que axude a espesar e lle de un “toque” acedo)
  • 1 KG DE SUCRE
  • 4 culleradas de agar-agar
  • zume dun limón

zeltia_agrelar_00

zeltia_agrelar_05

Cocemos as amoras, o sucre e o limón a lume medio-baixo durante 30 minutos, espumando e remexendo de cando en vez.

Logo colo esta marmelada ou a pasoa polo chino para que non queden as pepitas (gustame mais) aínda que na receita orixinal vai todo enteiro.

Engadimos as catro culleres de agar-agar para espesar e cocemos-la mixtura remexendo durante dez minutos máis.

zeltia_agrelar_05

zeltia_agrelar_05

zeltia_agrelar_05

Envasamos nuns tarros ben limpos, tapanse e cocense a baño maría durante 10 minutos para facer o baleiro. Ao retirar do auga os botes deixámolos enfriar boca abaixo.

Listo.

zeltia_agrelar_05

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*
*