Xornada de troco de sementes en Lugo

Desde a Rede de Semente chéganos esta información a compartir:

Ola a todos.

Infórmovos do que se acordou na xuntanza do pasado martes 17 de xaneiro da Rede de sementes de Lugo.

  • Organizar unha xornada de troco de sementes o luns 13 de febreiro no C.S. Vagalume, sito na Rúa Nóreas (Lugo).
  • A partir das 18:00 h os que poidamos iremos a preparar o encontro. Organización de sementes, da recollida de información, etc.
  • As 19:00 h comeza o encontro propiamente dito, onde se procedera a recollida e entrega de variedades de sementes locais.
  • Traer sobres feitos para levar as sementes.

Para axilizar o troco, e facer un mellor manexo da información acordamos que, antes da xuntanza, recoller toda a información valiosa das sementes que vaiades a traer, neste enderezo electrónico: redesementeslugo@gmail.com, podendo tomar como punto de partida a ficha que se adxunta. (ata o día 5 de febreiro).

Acordamos tamén, empregar este enderezo electrónico, a modo de taboleiro onde publicar as nosas demandas ou excedentes de sementes ou planteis.

O futuro da nosa alimentación está en xogo!

A reforma da Política Agrícola Común (PAC) está en marcha. As Institucións europeas que deciden, apoian un sistema alimentario insustentable baseado en alimentos de baixa calidade a prezos competitivos.

Cambiar a PAC é clave para alcanzar a Soberanía Alimentaria, unha opción que pon por diante do beneficio á xente, ao medio ambiente e a biodiversidade. Unha opción que aposta pola solidariedade e a cooperación fronte á competitividade.

Ti tamén podes participar neste proceso de transformación.
Visita: nyelenieurope.net/foodsovcap/

Jornadas Científicas Internacionales sobre Transgénicos

jornadas-transgenicos

Amigos de la Tierra, CECU, COAG, Ecologistas en Acción y Greenpeace organizamos las jornadas “los transgénicos en el ámbito científico, agrícola, medioambiental y de la salud”, los próximos 10 y 11 de noviembre. En éstas participarán científicos expertos de España y la UE que debatirán los efectos y consecuencias de los transgénicos.

Continue reading Jornadas Científicas Internacionales sobre Transgénicos

Curso sobre Soberanía Alimentaria organizado pola Coordinadora Galega de ONGD

Hoxe máis de 1.400 millóns de persoas viven en situación de pobreza extrema e case 1.000 millón sofren fame. O 2011 pasará tristemente á historia como ano no que se declarou a primeira gran crise de fame do século XXI, que hoxe afecta a 11 millóns de persoas no Corno de África.

Queres entender por que?

Os días 7, 8 e 9 de novembro terán lugar as xornadas ‘Dereito á alimentación e soberanía alimentaria’, unha formación organizada pola Coordinadora Galega de ONGD que contará coa participación de persoas expertas como Gustavo Duch e Esther Vivas e Patricia Dopazo.

soberania-alimentaria_01

Continue reading Curso sobre Soberanía Alimentaria organizado pola Coordinadora Galega de ONGD