I Foro de Terapia Asistida con Animales

Con el objetivo de dar a conocer y promocionar la Terapia Asistida con Animales para personas con discapacidad, las asociaciones ASZAL y A.N.D.R.E.A. le invitan al I FORO DE TERAPIA ASISTIDA CON ANIMALES: PRESENTE Y FUTURO. (Es necesaria la inscripción previa).
Esperando contar con su presencia, le saluda atentamente:

Elsa Pérez
Psicóloga Clínica, responsable de Bienestar Social de la Asociación A.N.D.R.E.A.

27 y 28 de Octubre 2012 en el nuevo ferial de San Vitero (Zamora)

XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas

ecoaldeas

Amigos da Terra acollerá en As Corcerizas o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas, que se vai celebrar dende o 25 ao 30 de agosto.

Será un momento onde compartir experiencias e coñecementos que nos axuden a transformar de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno cara novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a autoxestión e o respecto por minorías e maiorías.

Continue reading XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas

Enerxía Eólica en Galicia: O seu impacto no mundo rural

Desde a Federación de Cooperativas SINERXIA, facemos envio do Curso de
Formación sobre Enerxia Eolica en GZ, promovido polo Grupo de Investigación
en Economia Ecolóxica e Agroecoloxia da Universidade de Vigo e que,
acreditamos pode ser do voso interese.

Saude

Ramón Carmelo (Coord.)
www.sinerxia.org

enerxia-eolica-en-galicia

Continue reading Enerxía Eólica en Galicia: O seu impacto no mundo rural

Internet Veciñal

guifi_net

Que é guifi?

guifi.net é unha rede de telecomunicacións, é unha rede aberta, libre e neutral que se vertebra a partir dun acordo de interconexión no que cada participante ao conectar estende a rede e obtén conectividade.

Como funciona e como está organizado o proxecto guifi.net?

Os usuarios de guifi.net son particulares, empresas e administracións que constrúen unha rede de telecomunicacións cidadá, isto é, unha rede que é propiedade de todos os que forman parte dela.

É unha rede aberta porque os datos de configuración da rede publícanse para que desta maneira calquera persoa, empresa ou administración poida ver como está construída a rede e, por tanto, teña a capacidade de mellorala, mantela e ampliala. Isto é importante porque a rede non ten unha dependencia de ningunha empresa e os mesmos usuarios poden facerse a conexión á rede ou encargala á empresa da súa confianza.

É unha rede libre porque non hai ninguén que poida impor restricións; por exemplo, non se limita o ancho de banda porque como a rede é dos usuarios, estes non teñen ningún interese por limitar a velocidade, nin as prestacións. Isto é o que os demais operadores tradicionais acostuman limitar por prezo e nas redes libres non ten sentido.

É unha rede neutral respecto dos contidos. Dentro da rede pode circular calquera contido que alguén necesite: de interconexión de sedes, acceso a Internet. Ademais,  os particulares, as empresas, as administracións e os operadores que queiran achegar contidos son benvidos.

Continue reading Internet Veciñal

Curso de Cultivo do Castiñeiro

cultivo-castinheiroPor se é do seu interés dende a Asociación Avinza GDR 15 queremos informalles de que está aberta a matrícula do curso “O Cultivo do Castiñeiro” que se organiza dentro do Proxecto de Cooperación AMBI-EMPLÉAte no que estamos a participar xunto con outros grupos de desenvolvemento rural. 

O proxecto formativo persegue unha serie de implicacións éticas e socioeconómicas entre as que destacamos as seguintes: permitir unha xestión racional do ecosistema que estivo asociado tradicionalmente ás persoas, constituír unha fonte de riqueza para a poboación que o cultiva, axudar a fixar poboación e conservar os costumes, hábitos e tradicións culturais ancestrais.

Continue reading Curso de Cultivo do Castiñeiro