Bioterra 2011: II Festival de Consumo Consciente e Responsable

Pepa a Loba

Dende Asociación Cultural Pepa Loba convidámoste a participar no Bioterra 2011: II Festival de Consumo Consciente e Responsable, que se celebrará na Praza Maior de O Carballiño, o domingo 5 de xuño para conmemorar o dí­a mundial do Medio Ambiente nun espazo de crítica e reflexión en positivo.

 

Continue reading Bioterra 2011: II Festival de Consumo Consciente e Responsable

Primeira encomenda conxunta da Rede Galega de Consumo Responsabel

azeite_valbom-agrelarO aceite biolóxico de Casa Valbom, foi o producto escollido para poñer en marcha a primeira encomenda da Rede Galega de Consumo Responsabel.

Unha rede colaborativa, da que forma parte Agrelar, que xunta diversos grupos, asociacións e cooperativas con unha filosofía común. Allariz, primeiro ponto de recollida do aceite ecolóxico procedente de Mirandela.

Xosé, do Grupo de Consumo Responsabel Agrelar, recolle a primeira entrega. Carballiño, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo os seguintes destinos no día de hoxe para o Alberto de Casa Valbom.

Desde Agrelar os parabéns a todas por este primeiro paso conxunto!