Alemaña clausura máis de 4.700 granxas polos pensos contaminados

Alemaña clausurou máis de 4.700 granxas de aves e porcos por alimentar aos seus animais con pensos contaminados con dioxinas, segundo informou o Ministerior federal de Agricultura. A maioría son granxas porcinas, ás que se prohibiu sacrificar aos seus animais e comercializar a súa carne ata que se certifique que o seu consumo resulta absolutamente inocuo. A gran maioría das granxas, 4.468 do total, atópanse situadas no norteño estado federado da Baixa Sajonia, que adquiriron pensos contaminados orixinalmente polo fabricante Harles & Jentsch, que utilizara aceites industriais non destinados ao consumo animal ou humano.

Video en rtve.es

O verdadeiro custo das piñas baratas nos supermercados

true-costInteresante información sobre a gran produción e distribución de piña desde Centro América.

A información está en inglés, pero o documental é o suficientemente gráfico como para constatar a relevancia do exposto.

As declaracións dos productores locais (Costa Rica) están en español.

Documento para coñecer que hai detrás de unha “piña barata”.

Fonte: www.guardian.co.uk