Xabón caseiro

Aquí vai unha receita para facer xabón caseiro, para lavar os pratos, fregar, lavar a roupa… (do Manual A Esencia da Permacultura, do grupo de permacultura urbana da asociación Cambium PermaCultura-es.org, un resumo do libro “Permacultura Principios e Sendeiros máis aló da Sustentabilidade”, de David Holmgren.

XABÓN CASEIRO: Necesitamos 3 litros de auga, 3 de aceite de fritir usado e 1/2 q. de sosa cáustica. Nun cubo de plástico, mesturamos aos poucos a sosa coa auga, removéndoo un pouco. Deixamos enfríar ben a mestura (tarda unha hora). Despois imos engadindo aceite. Cunha batidora eléctrica vella vaise removendo un bo intre, ata que queda ben mesturado (eu fágoo a man) e sen grumos. Deixámolo repousar unha semana, ata que vemos que o xabón é sólido. Cortámolo a anacos. Cun raiador podemos raiarlo e polo na lavadora.

A pel do limón pódese gardar na neveira, e cando temos que lavar pómola dentro dunha bolsa de roupa e metémola na lavadora. Actúa como lixivia.