Elaboración de preparados naturais para Viticultura

PREPARADO PARA DESPOIS DA PODA

Ingredientes:

xofre mollable dúas doses
Borralla de leña 150 g
Cola de cabalo 200cc
Extracto hidroalcoholico de eucalipto 20 cc
Arxila 70 g

Poñemos en remollo varios días antes a arxila en 2.5 litros de auga. Unha vez que queiramos aplicalo debemos facer a mistura ese mesmo día e mollar ben toda a superficie da cepa o rematar a xornada de poda. Estas proporcións son para diluír en 10 ou 12 litros e aplicalo ca maquina de sulfatar.

 

PREPARADO ENRAIZANTE

Ingredientes:

arxila 100 g
Cola de cabalo 200cc
Leite 300 cc
Bosta de vaca ½ kg mais ou menos

Diluímos todo isto en aproximadamente 15 litros de auga e remexémolo varias veces no día. A noite anterior a plantación das cepas introducimos estas na mistura.

 

MACERACIÓN DE ORTIGA REFORZADA

Ingredientes:

maceración de ortiga 20 litros
Cola de cabalo 5 litros
Borralla 2 kg
Lithothame ou caliza magnesiana

A elaboración e para un total de 125 litros por hectárea, misturamos ben e aplicamos o solo  Este preparado e moi interesante aportarllo o chan a partir do mes de marzo, antes da saída da vexetación para estimular a actividade microbiana do noso solo.

 

MACERACIÓN DE FENTOS

Necesitamos 1 kg de fentos, que teremos que apañar xusto antes de que se abran os esporanxios que coincide mais ou menos co inicio do mes de agosto. Meteremos nun recipiente os fentos xunto con 10 litros de auga pode ser de plástico alimentario Madeira ou cristal, nunca aceiro ou ferro, seguidamente remexeremos a mixtura para aportarlle oxixeno, isto farémolo tódolos días no segundo ou terceiro día,  dependendo da temperatura, iniciarase a fermentación, ter sempre conta de non esquencerse de remexer tódolos días para que non se pare a fermentación, cando remate filtraremos o preparado i gardarémolo ben cheo e protexido da luz.
Este procedemento e o que temos que utilizar para facer a maceración de ortiga.

 

Utilización e dose da maceración de fentos:

Insecticida para controlar no caso do viñedo os cicadélidos coma o mosquito verde.
Dose, diluír 25 litros de maceración de fentos en 300 litros de auga, esta dose daríanos para 1 hectárea.

 

MACERACIÓN DE DENTE DE LEÓN

Seguiremos o mesmo proceso que para facer a maceración de ortiga, no caso do dente de león colleremos a planta enteira tamén coa súa raigaña que deberemos cortar en anacos e facela fermentar coa mesma proporción que a ortiga: 1 kg de planta fresca – 10 litros de auga. O momento exacto para apañalo e xusto antes de que despleque tódolos seus petalos, que lle quede no centro da flor un pequeno vulto.

Este preparado e moi interesante para aplicalo no solo, coma a ortiga e moi rico en oligoelementos, nitróxeno, minerais etc, aplicase a razón de 35 litros por hectárea diluído en 115 litros de auga. Podemos misturar ámbolos dous preparados o de ortiga e o de dente de león. Os dous son moi bos fertilizantes e uns potentes estimulantes para a vexetación, tamen impulsan a formación de micorrizas e rhizobiums e permiten unha mellor asimilación dos elementos minerais por parte das plantas.

 

EXTRACTO HIDROALCOHOLICO DE EUCALIPTO

Recóllense as follas da parte mais vella da árbore e aquelas que tamén sexan vellas distínguense por que a súa forma e de fouciña, son as mais ricas i que maior concentración de sustancias teñen. Metémolas nun bote con peche hermético e cheo ate arriba de augardente e o deixamos así un mes .

Indicacións: Antifúnxico contra as enfermidades da madeira tamén ten moi bo efecto contra o mildeu pero tan so o podermos utilizar ate a floración.
Insectífugo a súa persistencia e de 24 – 48 horas.
Dose: 100 cc hectárea.

 

EXTRACTO HIDROALCOHOLICO DE SALGUEIRO

Córtanse as varas dos brotes novos do ano anterior e xusto antes de que se formen as follas, de Febreiro ate Abril. Utilizaremos calquera variante de salgueiro agás os de follas anchas, o sauce chorón e o sauce cabrún. Métense en augardente 30 días.

Indicacións: Antifúnxico moi interesante contra o mildeu, pódese utilizar todo o ano.
Dose: 100 cc hectárea

 

EXTRACTO HIDROALCOHOLICO DE ORTIGA

Collemos a ortiga dioica (é a alta). Témola que coller xusto antes de que florezca e a primeira hora da mañá, que é cando máis concentración de principios activos ten. Metémola en augardente entre 15 e 25 días .

Indicacións: Antifúnxico, mildeu, Black rot, tamén aporta un feixe de sustancias interesantes para a planta.
Dose: 100 cc hectárea

 

EXTRACTO HIDROALCOHOLICO DE ALLO

Machucamos allos e metémolos en augardente durante 45 días .

Indicacións: Potente antifúnxico, mildeu, Black rot tan so se pode utilizar ate a floración.
Insectífugo, repele a moitos insectos i e mais persistente que o eucalipto.
Dose: 100 cc hectárea

 

INFUSION DE MILENRAMA

Recoller a flor da milenrama e poñela a secar. Cando queiramos utilizala facer unha infusión con 20g de inflorescencias en 7 litros de auga logo diluirémola en 70 litros de auga para unha hectárea.

Indicacións: antifúnxico con bo efecto sobre o oídio, permite reducir as doses de xofre.
Dose: 20 g hectarea.

 

Nota: Estes preparados serven tamén para horticultura!!!