VII Xornadas de Agroecoloxía de Ourense durante esta semana

VII_Xornadas_Agroecoloxia_Ourense_2016Entre o domingo 3 de abril e o sábado día 9, terán lugar en Ourense as VII Xornadas de Agroecoloxía.

Organizadas polos colectivos Amigos da Terra, A Galleira, Cineclub Padre Feijoo, Semente, Silvardeiras, Sustinea e Xurumelxs.

Unhas xornadas nas que poderemos gozar dunha chea de actividades, desde visitas a produtoras de agricultura ecolóxica ata cine, obradoiros, palestras informativas, roteiros, accións de rúa, petiscadas e concertos.
Continue reading VII Xornadas de Agroecoloxía de Ourense durante esta semana

Almanaque agreleiro

Se tes interese en contactar co grupo agrelar, estas son as datas das nosas quedadas.

Facemos as nosas asembleas en Allariz no C.S. A Cambalhota, e para facer o reparto de produtos combinamos no Campo da Barreira. Actualmente estamos xuntándonos de 19:30 a 21:00 horas, un mércores cada catro semanas.

As próximas datas programadas son:

  • 05/07/2017 – 19:30h
  • 02/08/2017 – 19:30h
  • 30/08/2017 – 19:30h
  • etc…

Para apresentarte ao grupo podes vir en calquera destas xuntanzas.
As portas están abertas!

Cambios

construccionNestes intres en agrelar estamos vivindo un intenso proceso de cambios.

Cambios en relación aos nosos queridos Pilar e Eloi (*), cambios organizativos en canto ás dinámicas de funcionamento, cambios pola moita xente nova que veu ao grupo, cambios polos enfoques novos que van surdindo… por todo isto e máis que ha de vir, tamén haberá cambios na web, tanto, que pronto haberá nova web.

Esencialmente será mais simple e mais funcional. Estará enfocada ás duas principais vertentes que levamos desenvolvendo colectivamente desde fai catro anos, unha como ferramenta facilitadora na xestión do grupo e duas como propiciadora das relacións comunitarias, neste caso no ámbito virtual.

Tamén comentar que mudamos de software cms, deixamos joomla e achegamonos a wordpress …ou sexa que pronto haberá novidades!

IV edición do Mercado Ecolóxico Tradicional o venres 29 de Marzo

Quilmas acolle a IV edición do Mercado Ecolóxico Tradicional o venres 29 de Marzo.

Este mercado enmárcase nunha ristra de eventos que terán lugar nos vindeiros 6 meses onde acogollaremos na nosa aldeia un compendio dos diferentes movementos que están a xirar e traballar ao redor da agroecoloxía na Galiza.

As labregas, apicultoras, artesás dos alimentos e da natureza e colectivos que traballan a cotío pola defensa do medio ambiente, teñen nestes eventos un espazo para a mostra, a divulgación e a conexión de ideias co público en xeral.

As persoas que teñan inquedanzas nos xeitos de produción de alimentos ecolóxicos ou en movementos de acción medioambiental e sostibilidade práctica, en proxectos pola defensa da terra…

Continue reading IV edición do Mercado Ecolóxico Tradicional o venres 29 de Marzo

VI ENCONTRO DA REDE GALEGA DE SEMENTES, domingo 24 febreiro, MOAÑA

Será na Praza de Abastos de Moaña, co seguinte horario:

  • 11.00h Apertura da mesa de troco
  • 12.00h Obradoiro de sementeiras
  • 16.00h Obradoiro de preparados naturais: plantas que curan plantas
  • 18.00h Charla do Grupo de Consumo de Moaña “Patacas do Cedo”
  • 19.30h Peche da mesa de troco

…e ó longo do día: xogos para nenos, feira de produtores e artesáns.

NOTA: A mesa de troco de sementes estará pechada de 14.00 a 16.00h

Mais info: redegalegadesementes.wordpress.com